Esperando o amencer / Fabiola Anchorena; ilustracións, Fabiola Anchorena; tradución, Manuela Rodríguez
por RodriÌguez, Manuela; Anchorena, Fabiola; Anchorena, Fabiola [autor/a]
.
Tipo: 







Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | URL | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP de Galán Sala préstamo | 82-N ANC esp | https://kalandraka.com/esperando-o-amencer-galego.html | Prestado | 06/07/2025 | CEC141000000567 |
|
A autora, Fabiola Anchorena, plasmou a agonía da Amazonia, aínda que podería tratarse de calquera bosque do mundo. Toda a fauna -terrestre, acuática e voadora- únese nunha causa común, «Esperando o amencer». Un texto poético contrasta coa dureza desta historia, cuxa forza comunicativa recae principalmente nas ilustración: o formato da dobre páxina potencia o efecto cinematográfico das imaxes pola variedade de planos -frontais, aéreos, cenitais, detalles, subxectivose a súa secuenciación. Destaca o maxistral tratamento da cor, coa evolución dende as escenas escuras que permiten mesmo apreciar as sombras, ata a progresiva entrada das chispas e da incandescencia das páxinas, cuxa intensidade vai decrecendo.
A obra distinguida co XV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados denuncia a destrución dos pulmóns do planeta a causa dos grandes incendios provocados polo cambio climático e pola acción do ser humano.
Un lamento contra os devastadores incendios que aniquilan os bosques, na voz das criaturas que os habitan.
Unha absoluta escuridade envolve a selva dende hai tempo. Os seus habitantes estrañan a Lúa e as estrelas pero, sobre todo, o Sol. Lonxe de atopar a súa cálida fonte de vida, os animais descobren a devastación e o pánico ante un inmenso lume que non se nomea.
1º-2º Primaria