A carón do lume / Mónica Prego
por Prego, Mónica [autor/a]
.
Tipo: 





Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
CEIP de Galán Sala préstamo | 36 PRE car | Dispoñible | CEC141000000525 |
|
Na lapela: Mónica Prego Franqueira naceu en Mercurín (Ordes) en 1975, onde pasou a súa infancia con a súa nai, avós e bisavóa, nunha contorna sinxela, pero chea de amor. Tras graduarse en Ciencias Económicas, traballou no estranxeiro durante varios anos e, ao regresar, e seguindo a súa paixón pola cociña, comezou a compartir receitas e contidos culinarios no seu blog "Pandebroa", que compaxinaba co seu traballo. Cos anos, e tras un máster en Markéting Dixital, a divulgación de contidos culinarios acabou sendo a súa profesión. O seu amor pola terra, os nosos costumes e tradicións, impulsárona a querer recuperar, conservar e transmitir moitas receitas tal e como as facía a súa avoa, como as viviu e da maneira máis tradicional e auténtica que sexa posible. Podes seguila en redes: @pandebroa.by.monikaprego
A carón do lume ofrece un monllo de receitas galegas, humildes e tradicionais, que pretende espertar un recordo, transmitir o sentir e a historia que vai de par de cada unha delas. Esas receitas que as avoas facían a carón da lareira, o centro das casas. Este é un regalo de Mónica Prego para fillos e netos, para entender algo máis daquel xeito de vida.